O BNG de Vigo demanda un plan de rescate urxente a favor da hostalaría local

O Bloque Nacionalista Galego mantivo un encontro con representantes do colectivo de hostaleiras e hostaleiros do Casco Vello de Vigo, co obxectivo de abordar a situación límite que atravesa o sector, recoller as súas demandas e trasladarlles as alternativas defendidas pola fronte nacionalista.

Na xuntanza, na que participaron o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, e a deputada e portavoz de Comercio no Parlamento galego, Carmela González, os e as hostaleiras transmitiron a súa desesperación diante da falla de resposta por parte das administracións e advirten de que se non se actúa con rapidez moitos negocios veranse forzados a botar o peche.

A deputada nacionalista, Carmela González, denunciou o desleixo da Xunta de Galiciaa que sigue sen ofrecer respostas efectivas ao sector. Neste sentido, González, puxo o foco no feito de que o propio Goberno galego recoñecese que apenas resolveu o 20% das axudas para persoas autónomas.

González reiterou a necesidade dun «Plan integral de rescate» dotado con 200 millóns de euros a incluír nos vindeiros orzamentos da Xunta e que o Partido Popular xa rexeitou o pasado 24 de novembro no Parlamento. Entre as medidas concretas que defende está unha liña de axudas directas que permita manter a actividade e o emprego.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha