O BNG de Vigo demanda unha actuación urxente sobre o parque público do Museo Liste

1 minutes read

O Bloque Nacionalista Galego urxe ao Goberno municipal de Vigo a actuar para poñer fin ao abandono que padece o parque público do Museo Liste e que se ten agravado nas últimas semanas. A fronte nacionalista denuncia a falla de mantemento da zona axardinada, con árbores que presentan risco de caída pola falla de atención municipal, así como o estado precario da zona de xogos infantil.

Neste sentido, o Portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, denunciou que “o único que fixo o Goberno de Abel Caballero en datas recentes é perimetrar con cinta algunhas das árbores, pero sen realizar ningunha labor de mantemento”.

Igrexas lembra que o do Museo Liste é un parque público con moita afluencia de familias e crianzas de pouca idade, ademais dunha das poucas zonas verdes e de esparcemento e convivencia veciñal no barrio do Freixeiro.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?