O BNG de Vigo denuncia a desatención a situación límite do naval


O Bloque Nacionalista Galego de Vigo critica que o actual presidente da Xunta, Alfonso Rueda, celebre as 20 mil visitas á feira Navalia mentres o seu goberno continúa sen tomar ningunha medida para garantir o futuro do naval. A fronte nacionalista reitera a necesidade dunha “enérxica intervención pública” que blinde a carga de traballo e o emprego nun sector “estratéxico” para a cidade e para a comarca, pero que vive unha situación límite. O BNG censurou que a Xunta, malia ter competencias en materia industrial, limite a súa actuación a “mandar o balón fóra e unicamente apele á indiferenza do Goberno español de PSOE e Unidas Podemos”. Os nacionalistas aseguran que “non abonda con insistir na importancia do sector ao tempo que non sei fai nada para evitar o seu esmorecemento”.