O BNG de Vigo esíxelle á nova delegada da Xunta que poña fin ao ‘abandono e castigo’ coa cidade

1 minutes read

Así o expresou o concelleiro e portavoz municipal nacionalista, Xabier P. Igrexas, nunha carta dirixida a Ana Ortiz, que vén de tomar posesión este martes, na que lle reclamou unha rectificación “urxente e profunda” das políticas do Goberno galego e na que detallou até 30 débedas pendentes.

Igrexas defendeu que a cidade “merece máis que un mero relevo de persoas” á fronte da institución, e asegurou que esperan que o cambio na delegación se traduza nun novo ciclo que remate co “total e deliberado abandono” aplicado polo PP na Xunta dende 2009, malia que matizou que o BNG non ten “ningún tipo de esperanza de que así sexa”.

“Un abandono que se traduce e manifesta de maneira incontestábel nunha clara falla de investimentos pero, o que é máis grave, na continuada deserción das competencias que o Goberno galego ten de exercer tamén na cidade”, valorou o portavoz nacionalista, que reprochou a “sistemática desatención” das necesidades da principal cidade galega na que habitan oficialmente 292.374 persoas, pero na que viven e traballan moitos millares máis.


O concelleiro do BNG demandou que a Xunta deixe de “utilizar” a permanente confrontación “partidista” co Goberno municipal como “coartada e escusa” para continuar ignorando á cidade. “Pedimos unha emenda á totalidade das nefastas políticas coas que o PP segue teimando en castigar a nosa cidade”, insistiu Igrexas, que declinou asistir este martes á toma de posesión da nova delegada territorial.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?