O BNG de Vigo iniciará contactos co tecido asociativo e visitas para abordar o novo PXOM


O Bloque Nacionalista Galego iniciará a semana próxima unha “ampla e intensa” rolda de contactos co tecido asociativo así como visitas aos diferentes barrios e parroquias para abordar o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Vigo.

Así o anunciou o concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, que explicou que con esta iniciativa a fronte nacionalista quere “contrastar coa cidade” a proposta do novo planeamento urbanístico elaborado, en solitario, polo Goberno municipal.

O portavoz municipal nacionalista defendeu a necesidedade desta interlocución directa fronte a “xordeira permanente” do Goberno, co obxectivo de “empurrar, sumando e tecendo consensos, un PXOM de todo Vigo e non só do embigo do Goberno de Abel Caballero”, sentenciou.