O BNG de Vigo pedirá explicacións polo patrocinio do Concello dun acto de «xura civil» da bandeira española

No cartel co que se anunciaba o evento, figuraban canda o logotipo da Armada, o da Autoridade Portuaria e o do Concello.

Así o anunciou este domingo o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, que cualificou o acto,  de «expresión rancia de militarismo e españolismo». «Abel Caballero ten que explicar cal é a utilidade pública de patrocinar un evento que só procura a exaltación do exército e da vella ‘España una’ que nega o carácter plurinacional do Estado», reclamou. A fronte nacionalista vai demandar que se informe en detalle de en que consistiu ese patrocinio, que custe tivo para as arcas municipais e quen o autorizou.

Para Igrexas este tipo de actos «son máis propios de épocas escuras». «Que sexa o ministerio de Defensa quen promova este tipo de xuras dá boa conta de a que concepción ideolóxica responden», reprochou.

Desde o Bloque inscriben tamén este acto na vaga de militarismo e belicismo, no que o propio Goberno español de PSOE-Sumar aposta por incrementar aínda máis o gasto en armas.

Related posts

Dous mortos e un ferido moi grave nun accidente rexistrado na A-8 en Guitiriz

23 vehículos implicados e 4 feridos nun accidente na AP-9 en Oroso | 3 feridos tamén noutro sinistro en Carballo

Galicia pechou a súa estadía en Fitur con dous premios: Mellor Estand autonómico e Mellor Expositor Sostible