25
O Bloque Nacionalista Galego anunciou que vai solicitar a convocatoria urxente do Consello Sectorial de Medio Ambiente do Concello de Vigo para abordar o actual contexto de seca e consensuar medidas para avanzar cara un novo modelo de xestión integral da auga.
O concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, lamentou o «novo e patético episodio no permanente pimpampum partidista» que, ao seu xuízo, están a protagonizar o PSOE desde o Goberno municipal e o PP na Xunta nun contexto de perspectiva de seca e de importantes incertezas sobre unha cuestión fundamental como é o subministro de auga potábel para a cidade e o conxunto da área de Vigo.