O BNG de Vigo pide actuar xa para frear o fenómeno ‘especulativo’ dos pisos turísticos

1 minutes read

O Bloque Nacionalista Galego pide actuar xa para frear o fenómeno «especulativo» dos pisos turísticos en Vigo. A fronte nacionalista propón regular cunha ordenanza municipal e medidas urbanísticas o aumento das vivendas destinadas para usos turísticos na cidade, que superan xa a oferta dispoñíbel para alugueiro e están empurrando á alza os prezos medios.

«Non podemos permitir que Vigo continúe sendo o segundo municipio en toda Galiza por detrás de Sanxenxo en número de pisos turísticos», advertiu o concelleiro e candidato á Alcaldía do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, que alertou de que esta situación está agravando o xa grave problema de acceso social á vivenda que padece a cidade, cos prezos máis elevados de toda Galiza.