O BNG de Vigo pide deixar a ‘lea partidista’ e corrixir os graves defectos do novo PXOM

O Bloque Nacionalista Galego chama ao Concello de Vigo e á Xunta de Galicia a deixar a «lea partidista e a frivolidade» na tramitación do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). A fronte nacionalista tacha de «irresponsábel» que PSOE e PP usen tamén este documento de enorme importancia para a cidade como «arma partidista no seu pimpampum permanente no que quen perde sempre é Vigo».

«Que se poñan a traballar, uns e outros, con rigor e deixen de xogar co futuro urbanístico da maior cidade de Galiza», reclamou o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, en relación ao intercambio de acusacións das últimas semanas entre ambas administracións para a aprobación definitiva do Plan Xeral.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha