A fronte nacionalista reitera a necesidade de elevar o orzamento dedicado a campañas contra a violencia machista, e a poñer en marcha un novo programa de apoio ás vítimas dotado con como mínimo 300 mil euros.
“O Goberno de Abel Caballero vai dedicar a campañas de sensibilización, denuncia e concienciación contra a violencia machista o equivalente ao 4% do que vai gastar en atencións protocolarias”, afirmou o concelleiro vigués do BNG, Xabier Pérez Iglesias.
“Hai que pasar das palabras aos feitos. Das declaracións ás decisións. Non abonda con envolverse na cor lila e declararse feminista. Hai que facer políticas concretas radicalmente feministas para axudar a acabar dunha vez por todas coas violencias machistas”, urxiu Iglesias.