O BNG de Vigo pide mobilizar 20 millóns para atender necesidades sociais

Xabier Perez Igrexas - BNG Vigo.

O Bloque Nacionalista Galego vén de formular emendas á modificación orzamentaria proposta polo Goberno municipal de Vigo e pide mobilizar 20 millóns de euros adicionais para atender necesidades sociais no actual contexto de crise. A fronte nacionalista cuestiona así o «populismo fiscal» de Abel Caballero coa axuda extraordinaria para libros de texto e reclama condicionar a súa concesión a criterios de renda.

«Fronte a este oportunismo o BNG propoñemos medidas concretas que protexan á poboación dos graves efectos da crise mobilizando o diñeiro que o Concello ten parado na caixa», defendeu o concelleiro e candidato á Alcaldía do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, que lembrou que a administración local conta nestes momentos con 135 millóns en remanente de tesourería.

Igrexas acusou ao PSOE de Caballero de «doparse electoralmente co diñeiro de todos os vigueses e viguesas» en lugar de dar unha «orientación social e equidistributiva» a estes fondos. Rexeitou así a «tarifa plana» de 205 euros para libros de texto por non atender ao nivel de renda para que as familias e fogares con menores recursos poidan percibir contías maiores. Nese sentido, considerou «razóabel e xusto socialmente» excluír das mesmas a aquelas unidades de convivencia con ingresos superiores a tres veces o salario mínimo interprofesional, equivalente a uns 3 mil euros mensuais.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha