O BNG de Vigo pide que se garanta a accesibilidade ao centro de saúde de Lavadores

O Bloque Nacionalista Galego solicitará á concellaría de Fomento que garanta a accesibilidade ao centro de saúde de Lavadores mentras duran as obras de instalación das ramplas mecánicas. Así o anunciou o Portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, tras comprobar in situ as dificultades denunciadas pola veciñanza e que motivaron varias queixas ao Concello.


Este mércores varias persoas non puideron acceder ao centro de saúde por causa da maquinaria de obra que ocupaba o vial de acceso con Ramón Nieto e polo estado impracticábel da beirarrúa, esvaradiza pola abundante presenza de lama. Isto impediu mesmo que unha anciá con mobilidade reducida puidese acudir a vacinarse.

Desde o BNG critican que este caso volve evidenciar a falla de supervisión e seguimento das obras públicas por parte do Concello.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha