O BNG de Vigo pide que Vitrasa recupere todas as frecuencias e os horarios fixos


O concelleiro e candidato do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, criticou que Abel Caballero premie a Vitrasa cun aumento da subvención municipal que recibe, para financiar as tarifas bonificadas, mentres a compañía non recuperou inda as frecuencias existentes antes do inicio da pandemia e insiste en precarizar as condicións salariais e laborais do seu persoal. “Non podemos premiar cada ano con case 13 millóns de euros de diñeiro público a unha empresa que presta menos e peor servizo á cidade”. Igrexas denuncia que “son evidentes os recortes que seguimos padecendo as usuarias e usuarios do autobús en Vigo” e que unicamente benefician á empresa.