O BNG de Vigo pide que Vitrasa recupere todas as frecuencias e os horarios fixos

1 minutes read

O concelleiro e candidato do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, criticou que Abel Caballero premie a Vitrasa cun aumento da subvención municipal que recibe, para financiar as tarifas bonificadas, mentres a compañía non recuperou inda as frecuencias existentes antes do inicio da pandemia e insiste en precarizar as condicións salariais e laborais do seu persoal. «Non podemos premiar cada ano con case 13 millóns de euros de diñeiro público a unha empresa que presta menos e peor servizo á cidade». Igrexas denuncia que «son evidentes os recortes que seguimos padecendo as usuarias e usuarios do autobús en Vigo» e que unicamente benefician á empresa.