O BNG de Vigo pon en marcha ‘Moito máis que tres’ para dar voz á veciñanza no Concello

O Bloque Nacionalista Galego pon en marcha a campaña ‘Moito máis que tres. A túa voz no Concello’, coa que inicia unha rolda de actos públicos en todos os barrios e parroquias de Vigo e unha intensa axenda de encontros con colectivos sociais e co tecido asociativo, que foi presentada este mércores polo portavoz municipal, Xabier P. Igrexas, e polos concelleiros nacionalistas, Ana Martínez e Filipe Abalde. O portavoz nacionalista lembrou que a noite electoral do pasado 28 de maio avanzou que «o Bloque íamos ser moito máis que tres asentos no Pleno para ser unha ferramenta útil que dea voz a quen outros non queren escoitar». Un compromiso que, asegurou, se materializou nestes cinco meses cun contacto estreito cos movementos sociais e con preto de 200 propostas e iniciativas que «evidencian que si hai alternativa ao desgoberno de Caballero».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha