O portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, e as deputadas no Parlamento galego, Carmela González e Alexandra Fernández, presentaron as emendas nacionalistas para a cidade de Vigo aos Orzamentos da Xunta de Galiza para 2024.
Un total de 41 emendas para incrementar os investimentos do Goberno galego en máis de 127 millóns de euros. Un proxecto de contas que cualificaron de «fume preelectoral con anuncios artificiosos e vistosos para intentar xustificar promesas á desesperada» pero que seguen «condenando a Vigo ao total abandono» por parte do PP, afirman.