O BNG de Vigo reivindica cun roteiro guiado a figura Fernández del Riego

1 minutes read

O Bloque Nacionalista Galego realizou esta mañá un roteiro guiado para dar a coñecer “O Vigo de Fernández del Riego”. Unha iniciativa coa que queren dar a coñecer a figura do senlleiro galeguista e a súa fonda pegada na cidade e que contrapoñen á “inexplicábel e ofensiva inacción do Concello de Vigo” que non realizou ningunha actividade malia ser o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas deste 2023.

O roteiro iniciouse ás 10:15 no IES Castelao, no Calvario, e despois de atravesar diferentes puntos da cidade relacionados con “Don Paco”, está previsto que conclúa na Pinacoteca que leva o seu nome. O mesmo foi guiado polo profesor, crítico literario e académico correspondente da Real Academia Galega, Ramón Nicolás.

Francisco Fernández del Riego naceu en Lourenzá, pero despregou todo o seu traballo cultural e político en Vigo. A editorial Galaxia, o seu traballo como investigador da nosa literatura e a nosa cultura, o seu traballo na Biblioteca Penzol, e o legado documental e artístico que deixou nesta cidade, “son elementos máis que suficientes para considerar Fernández del Riego unha persoa chave na historia de Vigo”, explicou no inicio do acto a concelleira e responsábel de Cultura do BNG de Vigo, Ana Martínez.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?