O BNG de Vigo urxe a reapertura da piscina municipal de Teis

1 minutes read

O Bloque Nacionalista Galego urxe ao Goberno municipal á reapertura da piscina de Teis, que o vindeiro mes de maio cumprirá un ano clausurada tras un incendio que a deixou inutilizábel.

O concelleiro e candidato do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, denunciou que a día de hoxe, tal e como consta oficialmente no Perfil do Contratante do Concello, o Goberno municipal de Abel Caballero inda non iniciou a licitación das obras necesarias para a posta en funcionamento da piscina, e malia que desde 2022 hai unha partida orzamentaria dotada con un millón de euros para esta actuación.

Esta situación, que o nacionalista imputa ao «desleixo e nefasta xestión» da concellaría de Deportes, afecta ás máis de 1.500 persoas que eran usuarias da piscina municipal do barrio de Teis. «Case un ano despois do incendio o Goberno de Abel Caballero inda non moveu un dedo para volver poñer en marcha a piscina de Teis», critica Igrexas.