35
O Bloque Nacionalista Galego volveu urxir á Xunta de Galiza a reaccionar diante da situación límite que atravesa a atención sanitaria en Vigo e a súa área. A fronte nacionalista esixe unha rectificación completa na «nefasta política sanitaria de recortes e privatizacións», afirmou o concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, quen insta o Goberno galego a actuar poñendo desde xa todos os medios necesarios para reforzar tanto os centros de saúde como a atención hospitalaria.