27
O Bloque Nacionalista Galego de Vigo urxe arranxar a iluminación do campo da ETEA, que segundo afirman, leva máis de ano e medio sen luz na metade do terreo de xogo. A fronte nacionalista denuncia o «inexplicábel» abandono desta instalación deportiva, malia as numerosas queixas dos clubs e deportistas, e o silencio por parte do Goberno municipal diante das interpelacións realizadas polo Bloque para esixir actuacións.
«Un concello que ten un orzamento millonario, que goza dunha importante capacidade de intervención, non pode consentir ter os clubs deportivos e deportistas da cidade adestrando apiñados na metade do campo sinxelamente porque as luces non funcionan», recriminou o concelleiro do Bloque, Xabier P. Igrexas.