O BNG de Vimianzo interésase pola situación do colexio de Baíñas

Os nacionalista reuníronse coa dirección do colexio de Baíñas para coñecer a situación do pavillón e da conserxería. O grupo do BNG amosa a súa preocupación polo estado do pavillón, actualmente pechado, e lembra que hai apenas un ano, aprobáronse en pleno obras de mellora financiadas pola Xunta.

Así mesmo, denuncia a falta de persoal de conserxería e a negativa do Concello a cubrir a baixa existente, o que está a obrigar ao profesorado a asumir tarefas alleas ás súas funcións, afectando ao funcionamento do centro e podendo xerar problemas de seguridade, especialmente ante unha eventual urxencia sen persoal dispoñible para atendela de inmediato.

Desde o centro solicitouse agardar ata o venres 27 para coñecer a resposta municipal, que finalmente confirmou que non se cubrirá a praza, ofrecendo só tres horas de apoio con persoal de limpeza, unha medida que o BNG considera insuficiente.

O BNG insta ao Concello a adoptar solucións urxentes que garantan a seguridade e o correcto funcionamento do centro.

Related posts

Prosegue a confirmación da presenza de referentes da moda nacional na Mostra do Encaixe de Camariñas

Presentada a programación cultural de primavera con música, literatura e encontros sociais de Cabana

O BNG emprende unha campaña para reclamar a gratuidade da AG-55