O BNG de Vimianzo pide axilidade nas licitacións da recollida de lixo, a Escola infantil e a Vivenda comunitaria

Os nacionalistas afirman que a situación afecta directamente tanto ás traballadoras como aos usuarios: salarios conxelados, atrasos de máis de 20 días no cobro das nóminas dos traballadores da vivenda comunitaria, traballadoras da escola infantil sen cobrar desde 2025, comunicados da Seguridade Social a internos da vivenda comunitaria e falta de subministro de alimentos.

O BNG lembra que estes contratos remataron hai anos e que, desde entón, mantivéronse mediante prórrogas que tamén chegaron ao seu fin sen que se tiveran publicado as novas licitacións, o que supón unha vulneración do art. 29.4 LCSP sobre duración de contratos públicos. En consecuencia, os servizos estanse realizando con contratos caducados e con consecuencias dramáticas para traballadores e usuarios.

Os nacionalistas instan ao goberno municipal a actuar con urxencia para garantir a normal prestación destes servizos, e lembran que no pleno do pasado 6 de febreiro xa alertaron sobre esta situación crítica, sen que se adoptase ningunha medida.

Related posts

Carballo participará nunha nova convocatoria anual das Residencias Paraíso

‘O Goberno de Muxía non fixo ningunha xestión para solucionar os problemas da cobertura’, afirma o PSOE local

Afaber anuncia unha segunda presentación do libro “Azlheimer de lirbo”