O BNG de Vimianzo solicita coñecer con detalle os gastos en FITUR

A formación nacionalista cualifica de “innecesaria” a elevada representación institucional e considera que a decisión resulta “especialmente desacertada” no actual contexto económico do Concello, tras pecharse as contas municipais de 2025 cun déficit de 474.000 euros. Neste escenario, sinalan, a prioridade debe ser a contención do gasto e unha xestión responsable e eficiente dos recursos públicos.

O BNG tamén discrepa do enfoque do vídeo promocional presentado na feira, que sitúa o municipio como punto de partida para percorrer a comarca. Ao seu xuízo, a estratexia turística debería centrarse na posta en valor do patrimonio propio, como a contorna do Castelo, Os Penedos ou o Parque do Megalitismo, co obxectivo de que o impacto económico repercuta directamente no conxunto das parroquias.

Por iso, os nacionalistas sosteñen que antes de destinar recursos a viaxes ou campañas promocionais, o goberno local debería priorizar a mellora e acondicionamento dos espazos e infraestruturas municipais, tanto para reforzar o seu atractivo turístico como para garantir o seu uso e desfrute por parte da veciñanza.

Related posts

Actividade formativa na Laracha dirixida ás familias dentro do programa Xuntos na Educación, será o 10 de marzo

Zas conmemora o 8M cun ciclo de actividades nos centros de ensino do municipio

A Garda Civil detén ao presunto autor dun roubo con forza nun establecemento de vending de Cee