0
O Bloque Nacionalista Galego de Vigo defende un maior compromiso do Concello de Vigo en materia de cooperación internacional. Así o afirmou o concelleiro e candidato do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, após manter este martes unha xuntanza coa Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento na que trasladou as propostas da fronte nacionalista nesta materia como aumentar a asignación orzamentaria para programas de cooperación, reactivar o Consello Local de Cooperación, reincorporar ao Concello no Fondo Galego e recuperar o proxecto de sensibilización ‘Impórtanos’.