O Bloque Nacionalista Galego demandará a vindeira semana no Parlamento galego que a Xunta actúe diante das «turbulencias» que atravesa Barreras para blindar a actividade e o emprego. No entanto, a fronte nacionalista reclama que calquera posíbel inxección de recursos públicos para blindar o estaleiro, tanto por parte da administración autonómica como do Estado, estea condicionada a que haxa participación pública directa tanto no accionariado como no Consello de Administración. A deputada do BNG, a viguesa Carmela González, defenderá o vindeiro mércores unha proposición non de lei na comisión de Industria do Parlamento galego, coa que tencionan que a Xunta adopte medidas perante as novas dificultades que atravesa Barreras.
37