O BNG denuncia complicidade de Feijóo co lobby eléctrico

Cedida.

O BNG lanza unha campaña de denuncia da estafa legalizada da luz na que pon o foco na conivencia entre o Goberno do PP e o lobby eléctrico, simbolizado na imaxe do presidente da Xunta fundido nun abrazo co presidente de Iberdrola, Ignacio Galán, e con lema “Hai apertas que venden un País, Feijóo cómplice das eléctricas”. Iberdrola, unha das grandes multinacionais do sector, obtivo uns beneficios de 3.610 M€ en 2021. O BNG afirma que non deixará de dar a batalla para que a riqueza eléctrica repercuta en beneficio das familias, da clase traballadora e das empresas para crear emprego, de aí esta campaña de denuncia e mobilización que da continuidade á recollida de sinaturas por todo o país, co mesmo obxectivo de denuncia da estafa e a favor de medidas que abaraten a factura da luz.