O BNG denuncia o uso de fondos públicos da Xunta ao servizo do PP

O director de campaña do BNG, Rubén Cela, denunciou este martes o uso de fondos públicos da Xunta “claramente ao servizo da estratexia do PP”, que está a facer unha “instrumentalización partidaria da CRTVG” e pagando con cartos dos galegos e das galegas campañas nos medios que “engarzan perfectamente” co seu discurso electoral.

Rubén Cela tamén matizou que os populares están facendo uso da mentira e a manipulación nesta precampaña porque “é onde mellor se moven” e porque non lles interesa falar dos problemas que ten a xente. “”Prefiren falar do sanchismo e de ETA que de como resolver a atención primaria, da situación do sector do mar ou de que vai pasar cos traballadores de Alcoa”, concluíu.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha