- As máscaras Presurgy KN95/FFP2 SHUYIAN foron identificadas como defectuosas e 1.640 repartíronse entre tres hospitais da provincia de Pontevedra
A deputada do Bloque Nacionalista Galego (BGN), Montse Prado, sinalou que a pandemia ocasionada pola COVID-19 puxo ao límite o sistema sanitario galego e destacou que dous meses despois de decretarse a emerxencia sanitaria e o estado de alarma, “continúan as deficiencias que aumentan o risco de contaxio e inseguridade”.
A parlamentaria do BNG explica que sigue sendo motivo de preocupación e denuncia que a día de hoxe, o persoal continúe sen material de protección suficiente e axeitado contra o risco de contaxio da Covid-19, e sen a realización de test masivos para todo o persoal. As alertas por materiais que non cumpren co nivel de protección especificado, especialmente as máscaras, empezan a ser habituais e tras a situación xerada no CHUO e nas ambulancias, a formación galega di encontrarse con novas denuncias. A última, explica Prado, a referida ás máscaras Presurgy KN95 / FFP2 SHUYIAN que foron identificadas como defectuosas e das que foran subministradas 1.640 entre os tres hospitais da Área Sanitaria Pontevedra-Salnés, Montecelo, Provincial e Salnés. Desa cantidade, inmobilizaronse 1.065 tras a alerta sanitaria pero “575 foron utilizadas, tanto en salas COVID como en salas non COVID».
“A Xunta ten a obriga de velar pola seguridade do persoal sanitario e as denuncias demostran que non o está a facer, a pesar da gravidade da situación”, destaca Prado.