O BNG desbloquea a investidura de Sánchez co seu voto a favor

Cedida.

  • Rego votará «si» este próximo martes na segunda votación para que Pedro Sánchez sexa investido como presidente do goberno

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, facilitará a investidura de Pedro Sánchez como presidente do Goberno votando «si» este próximo martes nunha segunda votación, onde gañaría por unha maioría simple, é dicir, contando con máis votos a favor que en contra.

A executiva nacional do BNG decidiu este venres que finalmente a súa postura será o voto favorable tras lograr do PSOE varios compromisos da «axenda galega» reivindicada polo partido nacionalista, como a busca dunha solución á crise industrial galega ou á problemática do custo das peaxes na AP-9.

A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, viaxou este venres a Madrid xunto con Rego para firmar ese acordo que lle garantizará a Sánchez ser investido como presidente de España.

A decisión do BNG prodúcese a poucos meses das eleccións galegas nas que tanto nacionalistas como socialistas dan por descontado que o acordo entre ambas formacións será imprescindible para conformar un goberno alternativo ao de Feijóo.

Sánchez contará cos votos a favor de Unidas Podemos, Máis País, PNV, Teruel Existe,   Compromís e BNG, cos que suma un total de 167 votos fronte a 164 votos en contra de PP, Ciudadanos, Vox, a CUP, Junts per Catalunya, Foro Asturias, o Partido Rexionalista Cántabro e Unión do Pobo Navarro.   

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha