48
O Bloque Nacionalista Galego presentou en Chapela a campaña social que están a promover en toda Galiza contra a aldraxe da AP9 e para esixir o Goberno español que cumpra «coa máxima urxencia» cos seus compromisos para bonificar as peaxes e suprimir a do treito Vigo-Redondela. Nun acto simbólico, nas inmediacións da peaxe de Chapela, a fronte nacionalista despregou unha faixa co lema da campaña en presenza da deputada no Parlamento galego, Alexandra Fernández, e de portavoces municipais de diferentes concellos da comarca, así como responsábeis orgánicos do Bloque.