O BNG discrepa coas políticas de vivenda da Xunta

1 minutes read

Á portavoz nacionalista de Vivenda, Alexandra Fernández, afirmou este martes que, cos propios datos oficiais, as políticas de vivenda da Xunta. “Son unha gran mentira, unha grande estafa”, concluíu despois de debullar as cifras do Instituto Galego de Estatística (IGE), o Ministerio de Fomento e mesmo o informe de seguimento do Plan Estratéxico de Galiza 2018-2020.

Así, recordou que entre 2015 e 2020 o Goberno do PP só iniciou 400 vivendas protexidas en toda Galiza, fronte ás 4.200 iniciadas só en 2006; é dicir, o Executivo Feixóo só comezou a décima parte das vivendas protexidas que se facían antes de acceder á presidencia. Ademais, durante este período rexistráronse anos enteiros de “auténtico deserto”, como en 2015, con tan só 5 vivendas iniciadas; 2016, con tan só 4 e 2017, con tan só 5.

“Prometían vivenda pública e paralizaron a vivenda pública”, reprobou Fernández, quen tamén advertiu que entre os anos 2014 e 2018 só houbo en todo o País unha única vivenda pública en réxime de alugueiro.