Alfonso Rueda quedou confirmado como o único con posibilidades para suceder a Alberto Núñez Feijóo e a oposición adiantou que o seu voto será negativo. A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, díxoo tras reunirse co presidente da Cámara, Miguel Santalices. Os socialistas tiveron que corrixir a súa postura: o portavoz parlamentario; Luís Álvarez, sinalou primeiro que analizarían “as diferentes opcións de voto”, pero o secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, aclarou pouco despois que votarán que non, e aventurou que “non vai haber grandes cambios” porque Rueda leva desde o ano 2009 compartindo o proxecto político de Feijóo. Con todo, apostou por concederlle ao futuro presidente da Xunta “os días de cortesía mínimos” e pospuxo as valoracións ata coñecer o contido do seu discurso de investidura.
39