O BNG esixe ao Goberno galego que asuma a súa obriga de defender o emprego en Xeal

0 minutes read

O deputado do BNG pola Costa da Morte e Bergantiños, Daniel Pérez, mantivo unha reunión co comité de empresa de Xeal ao remate da asemblea do comité cos traballadores e traballadoras e cos xubilados /as da empresa . O deputado nacionalista manifestou o apoio do BNG nas súas reivindicacións.
Deste xeito, Daniel Pérez presentará unha batería de iniciativas no Parlamento instando á Xunta de
Galiza a adoptar unha postura proactiva e mediadora no conflito laboral latente, enmarcado agora
na negociación do convenio colectivo propio, que afecta ás fábricas de Brens e Dumbría.