O deputado nacionalista no Congreso, Néstor Rego, sinala que o BNG vai ter unha actitude de absoluta firmeza na defensa dos intereses da Galiza para que eses orzamentos recollan as partidas precisas para dar resposta ás necesidades do noso país. Rego lembrou que o proxecto de orzamentos de 2019, votado a favor polo PSOE e Unidas Podemos, que finalmente non resultou aprobado, prevía unha partida de investimento territorializado na Galiza de só 757 millóns de euros que, “eran claramente discriminatorios para noso País e insuficientes para cubrir as necesidades que temos sobre a mesa e compensar minimamente o déficit histórico de investimentos en equipamentos e infraestruturas na Galiza”. Por tanto, o BNG vai exixir que os orzamentos de 2021 vexan reforzadas as partidas destinadas ao investimento en Galicia, especialmente para atender a modernización das infraestruturas ferroviarias, algo que, ademais, encaixa perfectamente nos criterios estabelecidos para a utilización dos fondos europeos na medida en que os camiños de ferro fan parte dos obxectivos da mobilidade sustentábel.
38