O BNG faise eco do abandono dos servizos médicos en Carballo, cunha recollida de sinaturas

1 minutes read

O BNG iniciou este xoves en Carballo unha campaña de recollida de sinaturas contra os plans da Xunta de Galicia que, segundo a formación nacionalista «implican unha saturación aínda maior do centro de saúde da vila, e a favor da construción dun segundo centro, como teñen todos os concellos galegos de máis de 30.000 habitantes agás Carballo».

En consecuencia a través da plataforma Change.org pódese deixar constanciada sinatura para demandarlle á Xunta de Galicia a inclusión, dentro do seu Plan de Infraestruturas de Atención Primaria, a construción dun novo centro de saúde no municipio.
Ademais reclaman a recuperación dos servizos e especialidades eliminados, así coma o incremento da carteira de especialidades con medicina interna, otorrinolaringoloxía, dermatoloxía e cardioloxía, como mínimo.

Podes asinar esta petición a través do seguinte enlace.

https://chng.it/fmVxDRmzhN