40
O candidato do BNG, Luís Pérez Barral, de 33 anos, vaise converter este sábado no novo alcalde de Ribeira grazas ao apoio de Partido Barbanza Independente (PBBI) e o PSdeG, que formarán parte dun goberno de coalición encabezado polos nacionalistas. O pacto alcanzado deuse a coñecer este xoves, un día despois de que o actual rexedor e aspirante á reelección, o popular Manuel Ruiz Rivas, anunciase o seu paso a un lado para formar parte da lista do PP ao Senado. Así, Pérez Barral, asumirá o bastón de mando do municipio barbancés na sesión constitutiva que terá lugar este sábado, na que se porá fin a case catro décadas de gobernos do PP.