O BNG impulsa unha Lei para derrogar realmente a reforma laboral do PP


O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, dá a coñecer a Proposición de Lei rexistrada na cámara baixa conxuntamente con ERC e Bildu para a recuperación plena dos dereitos para os traballadores e traballadoras que non foron incorporados na modificación  realizada polos partidos que conforman o Goberno. Nesa altura, o BNG denunciou que a norma proposta non derrogaba a reforma do PP e que supuña un incumprimento das promesas e compromisos estabelecidos. “Con esta Lei queremos recuperar aqueles dereitos que foron roubados. En particular, un dos máis relevantes como a facilidade para despedir e o abaratamento do despedimento, mesmo improcedente, que pasou de 45 a 33 días” destacou Rego. A proposta do BNG quere recuperar o custo de indemnización anterior á Reforma Laboral de 2012, así como os salarios de tramitación no caso dos despedimentos improcedentes e reinstaurar a autorización administrativa previa da autoridade laboral no caso dos despedimentos colectivos.