O BNG insta a Rueda a derrogar o decreto que achicou a presenza do galego no ensino


Na celebración do Día das Letras galegas, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, incidiu na urxencia de rematar co que cualificou como “unha escola desgaleguizadora para que nenos e nenas poidan ser educados na súa lingua” e reivindica un  “novo marco” para o galego que reforce o seu uso e protección. En galego, dixo, “hai futuro” pero para que sexa posible é necesaria a derrogación do decreto da “vergoña” e poñer en marcha un novo decreto que aposte  para que todos os rapaces e rapazas coñezan a súa lingua. Ademais, engadiu, dende o BNG tamén propoñemos crear unha canle temática infantil en galego e avanzar na normalización do idioma nos medios de comunicación,  na xustiza, na sanidade e o no ocio. En galego, recalcou, “hai futuro, non hai límites e será o noso legado para os que veñen detrás”.