O centro educativo (CEEPR ASPABER), que se ubica no lugar de A Brea, empezou a prestar este servizo no ano 2017 e que tiña como fin garantir unha atención educativa digna cos apoios necesarios para o alumnado con necesidades educativas severas. Pero o venres pasado coñeceuse que o 31 de agosto pode ser o derradeiro día en que se presten uns servizos vitais para as persoas con discapacidade e imprescindíbeis para as súas familias.
Por elo, o deputado Carballés do BNG, Daniel Perez, insta ao Goberno galego, mediante unha proposición non de lei, a adoptar cantas medidas e actuacións sexan necesarias para garantir a continuidade do centro educativo de educación especial CEEPR ASPABER e así garantir unha atención educativa digna o alumnado da comarca de Bergantiños e arredores, con estas necesidades educativas severas.