A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, considera urxente que o Goberno galego rectifique a xestión da crise que, desde o punto de vista sanitario, está facendo nas residencias da terceira e que, de inmediato, traslade a un hospital a todas as persoas maiores usuarias deses centros afectadas polo COVID-19, porque existe capacidade para facelo e porque ese traslado supón unha mellor atención sanitaria. Pontón foi moi crítica co que considera unha xestión “neglixente” por parte do Executivo do PP nas residencias con consecuencias fatais e acusa a Feijóo de mirar para outro lado pese a coñecer a situación de precariedade en moitos destes centros.
Intervención da portavoz nacional do BNG, Ana Pontón.