36
- Recentemente pecharon as oficinas do BBVA e o Santander, quedando atendidas por un axente externo
O BNG da Laracha, a través do seu portavoz, Xoán Manoel Sande Muñiz, levará ao próximo pleno unha moción para retirar as contas bancarias naquelas entidades que non manteñan abertas as sucursais no municipio.
Recentemente pecharon dúas oficinas na Laracha, unha pertencente ao BBVA e outra ao Santander, quedando abertas só cun axente comercial externo. «A clientela destas entidades bancarias no noso concello é vítima da exclusión bancaria», destaca Sande, polo que os nacionalistas apostan por manter só aquelas oficinas que prestan un servizo completo.