O BNG leva ao Parlamento a problemática do caudal no río Xallas

1 minutes read

Os deputados Daniel Pérez e Luis Bará, presentan unha proposición non de lei pola que piden a apertura dun procedemento administrativo, e se procede, un expediente sancionador “logo da situación anómala de falta de caudal ecolóxico no treito final do río Xallas, e concecuente na fervenza do Ézaro”. Os nacionalistas piden información transparente ao respecto por parte da Xunta de Galicia “sobre as causas desta situación irregular e as medidas adoptadas ao respecto polo goberno galego”. Dende o BNG sospeitan que os réditos derivados do prezo da electricidade poderían estar detrás da retención da auga no cauce do río Xallas.