O BNG leva ao Parlamento a situación de Isidro 1952

Cedida.

O BNG trasladou ao Parlamento a situación da empresa Isidro 1952 herdeira de Isidro de la Cal, factoría emblemática da industria pesqueira no Porto da Coruña que evolucionou desde o peixe fresco aos precociñados derivados do mar con alto valor engadido, tras un proceso de expansión que se traduce en 225 traballadores e 100 M€ de facturación.

A empresa presentou en setembro preconcurso de acredores que se executará a vindeira semana senón hai unha solución antes, despois de que xa se anunciara un ERE extintivo para 136 das 225 persoas do cadro de persoal e a modificación substancial das condicións salariais e laborais do resto.

“Mantéñense todos os problemas, ERE extintivo, concurso de acredores, impagos de nóminas e os traballadores e traballadoras precisan respostas: ERE, concursos, impagos nunha factoría que recibiu 23 M€ en axudas públicas”, salientou a portavoz parlamentaria de Pesca do BNG, Montse Prado, que pide á Xunta que se implique na busca dunha solución que garanta á produción e o emprego.

Prado reclamou ao Executivo de Feijóo que adopte as medidas necesarias para evitar que sega avanzando “o deserto industrial” no que se está convertendo Galiza ante a incompetencia do Goberno do PP.