O BNG leva ao Parlamento as necesidades de profesorado de apoio no IES Alfredo Brañas

Exteriores del instituto Alfredo Brañas de Carballo_AJCV

  • A Consellería de Educación reduciu o persoal sen que se producise un descenso no número de alumnos con necesidades educativas

O deputado do BNG, Daniel Pérez, presentou unha pregunta no Parlamento para coñecer que medidas está adoptando a Consellería de Educación con respecto á falta de profesorado de apoio no instituto Alfredo Brañas de Carballo.

O centro conta este curso con 620 alumnos e existe unha porcentaxe de rapaces con necesidades especiais que precisan unha atención individualizada e especializada. Sen embargo, desde o BNG sinalan que «a Consellería de Educación reduciu o persoal sen que se producise un descenso no número de alumnos con necesidades educativas». Esta decisión non ten sentido para a directiva do colexio, no que actualmente só hai un profesional de pedagoxía terapéutica.

Por outra banda, o instituto tampouco conta con ningún especialista en audición e linguaxe, a pesar de que a dirección presentara un informe das necesidades educativas presentes no centro «sen ter recibido nin contestación por parte da consellería». Ante esta situación, o BNG tamén insta á Xunta a atender as demandas do Alfredo Brañas a través dunha proposición non de lei.

.