O BNG mobilízase contra o desmantelamento industrial de Ferrolterra

Cedida.

Concorrida manifestación a celebrada este domingo en Ferrolterra contra a crise industrial que padece a comarca. Unhas 700 persoas acudiron a estas protestas que saíron da cidade de Ferrol e que concluíron na ponte das Pías lanzando un barco de cartón ao mar co mensaxe SOS Ferrolterra. A convocatoria estivo impulsada polos sindicatos CIG, CC OO e UXT e reuniu a varios alcaldes das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal, ademais do deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, que reclamou a posta en marcha de «un plan de reactivación industrial e económica, que sexa atendido por parte das administracións competentes» ante o que é «un abandono tanto por parte do Goberno central como por parte do Goberno da Xunta». Rego lanzou un dardo a Yolanda Díaz, instado á vicepresidenta terceira do Goberno “a que cumpra os seus compromisos” e acusouna de levar “máis dun ano e medio incumprindo» a derrogación da última reforma laboral, que «é fundamental para poder recuperar dereitos todos os traballadores».