O BNG ofrece un proxecto para construír unha Galiza mellor desde os concellos

1 minutes read

O BNG celebrou un multitudinario encontro nacional municipal que congregou en Santiago aos candidatos e candidatas ás eleccións do 28 de maio, cargos políticos e militancia. Nun ateigado Pazo de congresos e exposicións, a portavoz nacional, Ana Pontón, proclamou que o BNG é un gran equipo é que concorre á cita coas urnas sen poñerse límites. “Porque o BNG ten proxecto e representa o entusiasmo, a vitalidade, o empuxe e o optimismo que tanto necesita Galiza e a sociedade galega; porque representa as solucións máis vangardistas e avanzadas adaptadas á nosa realidade e porque os concellos onde gobernamos son o mellor exemplo de como construír vilas e cidades con futuro”, argumentou Pontón, quen afondou no modelo municipal da súa formación.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?