O BNG asegura que non ten nada que celebrar no aniversario da Constitución española e si moito que reivindicar. Con ese fin, co de reivindicar a autodeterminación, organizaron a cadea humana arredor do Museo do Pobo Galego.
Dirixentes e simpatizantes asistiron a este acto, en que a voceira nacional dixo que a Constitución non serviu para garantir dereitos nin liberdades, nin defender os intereses de Galicia, por iso, avogou por romper o marco legal.
Ana Pontón-Voceira nacional do BNG: «Apostando con normalidade por que se asuma que España é plurinacional, pluricultural, plurilingüe. E que hai que avanzar en dereitos sociais e liberdades públicas, pero tamén en dereitos colectivos porque o dereito a decidir é un dereito que existe e non se pode negar baixo ningunha circunstacia»
O BNG considera que a Constitución serviu para blindar o poder de Madrid e tamén para defender os privilexios da elite económica.