Un proxecto de lei que, segundo explica o portavoz nacionalista de Educación, Manuel Lourenzo, “non ten máis obxectivo que afondar nas políticas de privatización e desmantelamento dos servizos públicos, neste caso da universidade galega, que leva caracterizado o último decenio do PP no goberno”. Ante o seu inminente rexistro na Cámara, o BNG avanza a súa oposición a este proxecto lexislativo que non só considera “absolutamente innecesario” nun país que conta con tres universidades públicas e sete campus distribuídos por todo o territorio, senón porque, ademais, supón a posta a disposición “da nosa universidade ao servizo dos grandes fondos internacionais”, advirte Lourenzo. O Bloque propón reforzar o investimento no sistema público para dotalo dos recursos necesarios, “con taxas de investimento similares ás dos países europeos con universidades de referencia”.
47