O BNG pedirá no Parlamento establecer unha unidade de investigación terrestre do SVA na Costa da Morte

0 minutes read

O deputado do BNG da Costa da Morte, Oscar Insua, defenderá este mércores 29 de outubro, na Comisión 1ª Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior  do Parlamento galego, unha proposición non de lei (PNL) sobre as demandas que a Xunta de Galiza debe dirixir á Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) para mellorar as condicións do Servizo de Vixilancia Aduaneira en Galiza. A PNL inclúe a petición de crear na Costa da Morte unha base marítima permanente e establecer unha unidade de investigación terrestre do SVA.