A portavoz parlamentaria de sanidade do BNG, Montse Prado, fixo esta solicitude en rolda de prensa tras advertir da “gravidade” da situación “na que o virus parece que tomou a dianteira” en particular na Coruña, “polo que desde o BNG se pide a realización masiva de test nesta cidade e na súa área de influencia” ao tempo que solicita que se faga público o estudo das augas residuais elaborado pola Universidade da Coruña porque, segundo a información que lle traslada ao Bloque fontes coñecedoras da investigación, o estudo apunta a que hai un número de contaxios moi elevado. O BNG denuncia “a opacidade e a falta de transparencia” coa que está actuando o Executivo de Feijóo e considera urxente que o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, compareza de inmediato na Cámara para explicar como esta a situación, tendo en conta, ademais, que en pouco máis de dúas semanas arranca o curso escolar.
44